Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Trámites fiscais

 

1.- Alta no Censo

2.- Imposto de Actividades Económicas

1.- Alta no Censo

Descrición:

Declaración censal de inicio, modificación ou cesamento de actividade que presentarán a efectos fiscais os empresarios individuais, os profesionais e as sociedades.

Lugar de presentación:

Administración de Facenda correspondente ao domicilio fiscal da empresa.

Documentación:

1.      Primeira Copia da Escritura.

2.      Fotocopia do Código de Identificación Fiscal (C.I.F.).

3.      Alta no Imposto sobre Actividades Económicas.

4.      Impreso 036 debidamente cuberto.

Impresos:

Lexislación:

1. Orde EHA/3695/2007, de 13 de decembro, pola que se aproba o modelo 030 de Declaración censal de alta no Censo de obrigados tributarios, cambio de domicilio e/ou variación de datos persoais, que poden utilizar as persoas físicas, determínanse o lugar e forma de presentación do mesmo e modifícase a Orde EHA/1274/2007, de 26 de abril, pola que se aproban os modelos 036 de Declaración censal de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios profesionais e retedores e 037 Declaración censal simplificada de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios, profesionais e retedores. (BOE 303 de data 19 de decembro de 2007)

2. Orde EHA/1274/2007, de 26 de abril, pola que se aproban os modelos 036 de Declaración censal de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios profesionais e retedores e modelo 037 Declaración censal simplificada de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios profesionais e retedores.

 

2.- Imposto de Actividades Económicas

Descrición:

Tributo directo de carácter real cuxo feito impoñible está constituído polo exercicio en territorio nacional de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exerzan ou non en local determinado e se atopen ou non especificadas nas Tarifas do Imposto.

Lugar de presentación:

Administración de Facenda correspondente ao domicilio da actividade.

A liquidación e recadación levarase a cabo no Concello.

Obrigados a tributar:

As persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o Art. 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, sempre que realicen en territorio nacional, actividades empresariais, profesionais ou artísticas. Non obstante, están exentos do Imposto entre outros:

1.      As persoas físicas  que, en consecuencia, non tributan.

2.      Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades, as sociedades civís e as entidades do Art. 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 de euros.

3.      Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda de Non Residentes que operen en España mediante establecemento permanente e que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 de euros.

Declaracións que se presentan polo Imposto de Actividades Económicas:

1.      Declaración de Alta: preséntase antes do transcurso dun mes dende  o inicio da actividade ou durante o mes  de decembro inmediato anterior ao ano no que esten obrigadas a tributar por deixar de cumprir as condicións  para gozar dunha exención.

2.      Declaración de Variación: preséntanse no prazo dun mes, a contar dende a data en que se produciu a circunstancia que motivou a variación.

3.      Declaración de Baixa: presentaranse no prazo dun mes dende que se produciu o cesamento ou durante o mes de decembro  inmediato anterior ao ano en que deixen de estar obrigados a tributar por acceder a unha exención.

A declaración de alta, modificación e baixa do IAE, en caso de suxeitos pasivos que estean  exentos do mesmo por todas as actividades que desenvolvan, levará  a cabo a través do modelo 036 (Declaración Censal). No caso de que calquera das súas actividades tribute no IAE presentará o modelo 840.

Os suxeitos pasivos que tributan efectivamente por IAE deben presentar o modelo 848 para consignar o importe neto da súa cifra de negocios agás que fixesen constar o seu importe na declaración do Imposto sobre Sociedades, a do Imposto sobre a Renda de non Residentes ou no modelo 184.

Impresos:

Lexislación:

1. Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. (BOE 9-marzo-2004)..

2. Orde HAC/2572/2003, de 10 de setembro, pola que se aproba o modelo 840 de Declaración do Imposto sobre Actividades Económicas e se establecen as condicións xerais e o procedemento para a súa presentación telemática. (BOE 18-setembro-2003)

3. Real Decreto 1041/2003, de 1 de agosto, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan determinados censos tributarios e se modifican outras normas relacionadas coa xestión do Imposto sobre Actividades Económicas. (BOE 5-setembro-2003)

4. Orde HAC/85/2003, de 23 de xaneiro, pola que se determinan os supostos nos que os suxeitos pasivos do Imposto sobre Actividades Económicas deben presentar unha comunicación en relación co importe neto da súa cifra de negocios e se aproba o modelo da devandita comunicación. (BOE 28-xaneiro-2003)

5. Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro, polo que se aproban as tarifas e a instrución do Imposto sobre Actividades Economicas.(BOE 29-setembro-1990)