Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Próximos eventos




  • Publicación no DOG da ampliación de prazo de xustificación de subvencións a concellos de Galicia (IN223A)
    Data de inicio do evento: 07 Outubro, 2011

    Publicación no DOG da ampliación do prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 22 de febreiro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións a concellos de Galicia para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais (Código de procedemento IN223A)

    Pódense consultar os novos prazos na seguinte ligazón

     


  • Constitución do Consello Galego de Comercio
    Data de inicio do evento: 05 Outubro, 2011
    Data de finalización do evento: 05 Outubro, 2011
    Lugar do evento: Santiago de Compostela

    Hoxe as 17:00 h na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), constituirase o Consello Galego de Comercio, órgano colexiado de participación, asesoramento e colaboración coa Administración autonómica na ordenación da actividade comercial.


  • Rolda de prensa Campaña "Merca na Rúa" en Cuntis
    Data de inicio do evento: 04 Outubro, 2011
    Data de finalización do evento: 04 Outubro, 2011
    Lugar do evento: Cuntis

    Nava Castro, directora xeral de Comercio, ás 12:30 horas na Praza dos Árbores de Cuntis, dará unha rolda de prensa para dar a coñecer a Campaña "Merca na Rúa". 


  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, visita a praza de abastos de Ferrol
    Data de inicio do evento: 03 Outubro, 2011
    Data de finalización do evento: 03 Outubro, 2011


  • Desfile de modelos organizado polo CCA de Carballo
    Data de inicio do evento: 01 Outubro, 2011
    Data de finalización do evento: 01 Outubro, 2011
    Lugar do evento: Carballo


  • I Feira de Oportunidades de Redondela
    Data de inicio do evento: 01 Outubro, 2011
    Data de finalización do evento: 02 Outubro, 2011
    Lugar do evento: Alameda de Redondela (enfronte ao Concello) de 10:00 a 22:00 horas

    Horarios: Sábado 1 de 10:00h a 22:00h
                    Domingo 2 de 11:00h a 20:00h.

    Máis información


  • Feira de Oportunidades de Cambre
    Data de inicio do evento: 01 Outubro, 2011
    Data de finalización do evento: 02 Outubro, 2011
    Lugar do evento: Polideportivo do Temple, de 11:00 a 14:30 h - 16:30 a 21:00 h


  • Pasarela "Arteixo Moda"
    Data de inicio do evento: 01 Outubro, 2011
    Lugar do evento: Pazo dos Deportes de Arteixo, 20:00


  • Publicación no DOG do Decreto que regulan as Mesas Locais de Comercio
    Data de inicio do evento: 30 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 30 Setembro, 2011


  • Acto Inaugural III Edición Feira Multisectorial do Xallas
    Data de inicio do evento: 30 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Santa Comba ás 18:00 horas


  • Presentación campaña publicitaria da Federación Galega de Prazas de Abastos
    Data de inicio do evento: 29 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Praza de Abastos de Bueu, 18:00 h

    María Nava Castro asisitirá á presentación da campaña publicitaria en radio para promocionar as compras nas prazas de abastos de Galicia.


  • Acto de entrega premio María Josefa Wonenburger Planells 2011
    Data de inicio do evento: 28 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Centro Galego de Arte Contemporánea (CEGAC) Santiago de Compostela


  • VII Congreso de Calidade e Innovación no Pequeno Comercio
    Data de inicio do evento: 27 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 27 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Centro Cultural da Deputación, Ourense

    Congreso de Calidade e Innovación no Pequeno Comercio

     

    VII CONGRESO DE CALIDADE E INNOVACIÓN NO PEQUENO COMERCIO

    Centro Cultural da Deputación - Martes, 27 de setembro de 2011

    16.00 h

    Recepción e entrega de documentación

    ·         Carpeta do Congreso

    ·         Libro do Congreso

    16.15 h

    Inauguración do Congreso da man de Dª María Nava Castro Domínguez, directora xeral de Comercio

    16.30 h

    Presentación plataforma virtual

    ANDALUCÍA DE COMPR@S: “Comprar juntos para ahorrar más y mejor

    Manuel García-Izquierdo. Presidente da Confederación Empresarial de Comercio de Andalucía

    17.45 h

    Charla:

    Instrumentos do IGAPE para a mellora da competitividade no comercio local

    Norberto Penedo Rey. Director de Xestión de Competitividade. IGAPE

    18.30 h

    Pausa – Café

    19.00 h

    Charla – Coloquio

                    Comprar: unha actividade ou unha actitude. As pancas internas da                 experiencia de compra

                    Beatriz Vera Poseck. Escritora e psicóloga. Autora da bitácora “Con dos bolsas en cada mano de shopping en Madrid”

    20.00 h

    Conferencia de Clausura

                    Receitas prácticas para a innovación no comercio retallista

                    José Luis Pastor. Presidente de Rethinkmarketing

    21.00 h

    Clausura do Conreso

     

    Máis información


  • Inauguración Misión Emitatos Qatar
    Data de inicio do evento: 26 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 26 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela ás 9:00 h

    A Directora xeral de Comercio, Nava Castro, asistirá á inauguración da Misión Emitatos Qatar que terá lugar na Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela ás 9:00 h. 


  • As compras na túa vila teñen premio - Boiro
    Data de inicio do evento: 23 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 23 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Praza A Boqueira de Negral

    Sorteo final que se celebrará as oito da tarde nunha carpa situada na Praza A Boqueira da Negral, e contará con actuacións para nenos e para adultos.


  • Inauguración "Encontro de Torneiros"
    Data de inicio do evento: 23 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 25 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Pabellón municipal de Xermade - Lugo

    O Concello de Xermade acollerá entre os días 23 e 25, a undécima edición do Encontro de Torneiros.

    Cita que organiza a Fundación Galega de Artesanía e do Deseño e que reúne decenas de amantes da madeira de diferentes puntos do mundo cada ano en Terra Chá.

    A inaguración levada a cabo pola diretora xeral de comercio, Nava Castro, será o venres 23 de setembro ás 12:30 horas, aínda que se abrirá ao público dende as 10:00 horas.
      


  • Celebración eleccións Comisión Galega de Artesanía
    Data de inicio do evento: 23 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 23 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Edificios Centrais da Xunta de Galicia, San Caetano, Santiago de Compostela


  • Charla lei do comercio interior de Galicia
    Data de inicio do evento: 22 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 22 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Centro de desenvolvemento Nova Caixa Galicia, Avda.de Pontevedra, nº 9 - Ourense

    Charla lei do comercio interior de Galicia.

    Terá lugar no centro de desenvovemento Nova Caixa Galicia, en avda. de Pontevedra, nº 9 - Ourense, ás 20 horas 


  • Presentación do Centro Comercial Virtual da Asociación de Empresarias de Lugo
    Data de inicio do evento: 22 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Salón de actos do CEI-Nodus (avda. da Coruña, 490, segundo andar).

    A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participará na inauguración do centro comercial virtual da Asociación de Empresarias de Lugo.


  • As compras na túa vila teñen premio - Allariz
    Data de inicio do evento: 19 Setembro, 2011
    Data de finalización do evento: 30 Setembro, 2011
    Lugar do evento: Allariz

    A Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, Novacaixagalicia e a Dirección Xeral de Comercio, pon en marcha unha nova edición da campaña de dinamización do consumo no comercio minorista das vilas galegas, que se desenvolve baixo o lema "Ás compras na túa vina teñen premio".

    A iniciativa premiará con 3.000 euros sorteandose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.
      



  • Páxina 41 de 43

  • Mostrando do 801 ao 820 dun total de 860 rexistros