Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Calidade no comercio


QUE É A NORMA UNE 175001?

É unha norma de calidade que se desenvolve pensando nos elementos básicos da calidade do servizo orientando o enfoque ao pequeno comercio. Os obxectivos que se pretenden conseguir con esta norma son:

  • Mellorar a calidade do servizo prestado aos clientes.
  • Mellorar a xestión nos establecementos comerciais.
  • Mellorar a imaxe dos establecementos comerciais ante os seus clientes.
  • Mellorar as competencias profesionais.
  • Profesionalizar a xestión dos establecementos comerciais, potenciando o desenvolvemento dos recursos humanos.
  • Proporcionar aos clientes unha garantía de calidade do servizo que van percibir.
  • Diferenciar aos establecementos comerciais que adopten esta norma por medio da calidade do servizo.