Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 23 Outubro, 2018
    A Xunta apoia con 104.000€ a labor que desenvolven asociacións de comercio de Lugo e Sarria no impulso da competitividade do sector
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 104.000 euros ás asociacións locais de comercio das cidades de Lugo e Sarria e á Federación de Comercio da provincia de Lugo para impulsar a competitividade do comercio de proximidade. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu hoxe conta destas axudas acompañado por José María Seijas, presidente da Federación de Comercio de Lugo; José Luis Pérez López, presidente de Lugo Centrum, e Ricardo Arias, da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria- Centro Comercial Urbano (CCU). En concreto, Lugo Centrum recibe unha achega de 33.000 euros e a asociación de comerciantes de Sarria outra de 22.200 euros a través do programa para a dinamización dos centros comerciais abertos. A Federación percibe 49.000 euros, que supoñen o 70% do investimento subvencionable, a través doutra liña de axudas. Os apoios que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa. En conxunto, estas entidades desenvolverán unha quincena de accións co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Balseiro sinalou que o respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, na procura de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado, impulsar o smart commerce e o comercio electrónico, e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Neste sentido, este programa de achegas contribúe a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico fomentando a revitalización dos centros comerciais abertos e a súa adaptación ao contorno, creando espazos confortables e de lecer para realizar compras que xeren polos de atracción comercial nas cidades e vilas. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros