Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 31 Outubro, 2018
    A Xunta destaca en Lugo a aposta do comercio de proximidade pola tecnoloxía para ofrecer novos servizos aos clientes
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe en Lugo nun networking sobre innovación, renovación e consolidación comercial, celebrado en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a aposta que está a realizar o comercio de proximidade polo uso das tecnoloxías para ofrecer novos servizos aos clientes e chegar a un maior público. Na xornada, na que se abordou de xeito específico o impacto do novo regulamento europeo de protección de datos no sector, destacando as novidades máis importantes desta normativa, Vázquez Abeal sinalou que a dixitalización é un reto que pode potenciar as fortalezas do pequeno comercio, como son a proximidade, o trato personalizado e a calidade. Neste contexto, a Xunta está a mobilizar este ano máis de 4 millóns de euros na dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais para a implantación de solucións que permitan os beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral de locais. Así, cuns apoios públicos de 1,5 millóns de euros, beneficiaranse destas axudas un total de 471 comercios e obradoiros artesanais. O investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%. Así, comerciantes e artesáns desenvolverán 313 actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña. Así mesmo, poñeranse en marcha 63 iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Doutra banda, activaranse 144 proxectos de ferramentas de xestión, e modernizaranse 112 locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, máis de 100 comercios contan co asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros