Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 03 Decembro, 2018
    A Xunta destaca o labor de impulso do Colexio e a Federación de Xoieiros a este oficio artesán
    A directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron hoxe na Gala de San Eloi organizada polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e pola Federación Galega de Xoieiros, no pazo Adrán de Teo (A Coruña), para conmemorar o patrón deste oficio artesanal. Na gala fíxose un recoñecemento público a xoieiros, entre os que se atopa o ourive compostelán Ricardo Rivas, así como a presentación da campaña de publicidade de Nadal. A Gala San Eloi constitúe unha oportunidade para o recoñecemento público por parte do sector da xoiaría galega a profesionais e personalidades galegas a través da entrega das Seguetas de Prata e Ouro do Colexio Oficial de Xoiaría, así como da insignia de prata da Federación Galega de Xoieiros. Este ano as Seguetas de Prata por toda unha vida entregada á xoiería concedéronse a Senén Rodríguez Martínez (Joyería Senén, Lugo), a Hermesindo José Mosquera Fernández (Joyería Hema, Cangas) e a Pedro Villar Alonso (Relojería Villar, A Pobra de Trives). A segueta de ouro foi para César Blanco Fidalgo, pola súa especial traxectoria como empresario do sector xoieiro. Pola súa parte, a Federación de Xoieiros entregoulle a insignia de prata ao ourive compostelán Ricardo Rivas, ao engastador coruñés Antonio Rama Duro e ao empresario lucense José Antonio Refojo Díaz. Desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria destácase o importante labor do Colexio Oficial de Xoiería de Galicia en favor do sector e a súa implicación ao longo dos últimos anos en diferentes proxectos emprendidos polo goberno galego en materia de artesanía, co obxectivo de impulsar a introdución do produto artesán galego no mercado internacional baixo a imaxe común do feito en Galicia e a garantía de calidade e prestixio que lles brinda a marca Artesanía de Galicia. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros