Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 28 Febreiro, 2019
    A Xunta impulsa a nova plataforma de venda en liña da Federación de Prazas de Abastos de Galicia
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe en Sanxenxo (Pontevedra) na presentación da plataforma de venda en liña da Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal), unha iniciativa posta en marcha co apoio da Xunta que permite adquirir a través de internet os produtos dos mercados e recibilos en calquera punto da Península en 24 horas. Esta tenda online bota a andar con catorce praceiros e praceiras das provincias da Coruña e Pontevedra aos que se irán sumando máis profesionais e produtos dos mercados asociados a Fepragal, federación na que se integran as prazas de abastos de Sanxenxo, Portonovo, O Grove, Vilanova de Arousa, Cangas, Moaña, Bueu, Pontevedra, Baiona e Lalín, na provincia de Pontevedra; e Monte Alto, Elviña, As Conchiñas e San Agustín, na cidade da Coruña, ademais de Padrón (A Coruña). Esta iniciativa enmárcase na aposta da Xunta por impulsar a calidade e a competitividade das prazas de abastos galegas, potenciando estas infraestruturas comerciais como espazos de emprendemento e de dinamización económica, adaptados aos novos hábitos dos consumidores e vinculados ao territorio. Un dos grandes retos do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, co que a Administración autonómica busca modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, é o impulso ao smart commerce e o comercio electrónico, aproveitando as oportunidades que a dixitalización achega ao sector para ofrecer novos servizos aos consumidores. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros