Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 06 Xuño, 2019
    Conde salienta que o principal reto do comercio galego é seguir traballando para modernizarse, diferenciarse e fidelizar clientes
    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe o traballo que está a facer o comercio galego por modernizarse, por diferenciarse e por fidelizar clientes, e destacou que é o principal reto ao que se enfronta. Así o puxo de manifesto durante o acto de entrega dos premios Días Azuis do Comercio Galego que, por terceiro ano consecutivo, desenvolven a Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta. Conde apuntou que se trata dunha campaña para poñer en valor o comercio de proximidade e premiar a confianza dos consumidores, tendo en conta que se trata dun sector ao que en Galicia pertencen máis do 14% das empresas galegas. O comercio local, dixo, é unha fonte de emprego e actividade económica nas nosas vilas e cidades, que axuda a crear e a compartir barrio porque lle dá identidade e que contribúe á transformación das cidades desde o punto de vista da mobilidade. O conselleiro sinalou a importancia de que o sector leve a cabo a integración das novas tecnoloxías porque, pese a que o centro de todo segue a ser o cliente –observou–, a maneira de chegar a el é o que está cambiando. Nese sentido, recoñeceu que hoxe en día todo xira en torno á experiencia do cliente, e cara a satisfacer esa experiencia é cara a onde ten que dirixir todos os seus esforzos o pequeno comercio. Apelou, así, á necesidade de dar unha nova imaxe ao pequeno comercio en Galicia aproveitando os valores que o fan diferente, como a proximidade ou o trato personalizado, incorporando a tecnoloxía e internet como grandes aliados. Comercio 360 Con ese obxectivo, a Xunta vén de poñer en marcha Comercio 360, un programa que busca mellorar a competitividade do sector a través da dixitalización, o deseño, a economía circular e a promoción do produto local. Trátase dunha iniciativa á que se destinan 5,7 millóns de euros este ano para axudar a máis de 10.000 establecementos comerciais galegos a modernizar a súa imaxe. Para iso, contempla medidas que van desde o tícket dixital, ata outras destinadas a impulsar a ecoinnovación nos envases, pasando polo márketing en liña ou pola reforma de establecementos. Conde apuntou que a modernización deste sector é o obxectivo macro do Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que, ata 2020, destina 70 millóns de euros a este fin: conseguir un comercio do século XXI e, polo tanto, un comercio máis accesible, moderno e competitivo. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros