Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 19 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta Comercio con Talento premia os establecementos composteláns Maravalla e O colmado da vila
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos composteláns Maravalla e O colmado da vila dous dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso de Maravalla, tenda de produtos cosméticos naturais situada no centro histórico, en concreto na rúa das Orfas, foi premiado a proposta de Andrea Riveiro, alumna do ciclo medio de Actividades comerciais no IES Pontepedriña. No seu traballo, destaca deste establecemento o deseño do local, o packaging do produto e o servizo e atención ao cliente, incluíndo a presenza nas redes sociais, ademais do compromiso ambiental e coa contorna. O colmado da vila, situado na rúa Alfredo Brañas, foi galardoado grazas ao traballo presentado por Uxía Jorge Pombo, tamén alumna do ciclo medio de Actividades comerciais no IES Pontepedriña. A estudante premiada resalta que se trata dun negocio de venda a granel, responsable e sostible especializado en repostería, pero que dispón dunha ampla variedade de produtos de alimentación e utensilios de cociña. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros