Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 23 Xullo, 2019
    A Xunta premia o establecemento de Ordes ‘Pepa a Loba’ no certame ‘Comercio con talento’
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe ao establecemento ordense Pepa a Loba un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook da Rede de dinamización comercial (Redic), polo que un dos 10 premios decídese polo número de “gústame” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. Precisamente o establecemento de artesanía e deseño Pepa a Loba, elixido a proposta de Ana Varela Grovas, do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, foi o comercio máis votado nas redes sociais. No seu traballo, a alumna destaca que é “unha aposta forte polo coidado esmerado do detalle, a procura da calidade nos seus produtos e a volta ao de antes, ao tradicional cun aire renovador e creativo”. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros