Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 28 Outubro, 2019
    A Xunta apoia con 220.000€ ás asociacións de comerciantes da comarca de Santiago
    O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá varios comercios da zona monumental, acompañado por José Manuel Vello, presidente da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental. Esta entidade é unha das beneficiarias das axudas ás asociacións de comerciantes con 40.000 euros, aprobadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que teñen como obxectivo reforzar o papel destas asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Como novidade, entre as actuacións apoiadas inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados. No caso das axudas para a asociacións de praceiros de Santiago recibirán achegas desta orden a asociación de usuarias Casillas da praza de abastos e a entidade que agrupa aos profesionais da praza de Padrón por un total de máis de 19.600 euros. Ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros. Finalmente, a Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén destina máis de 66.000 euros á Federación Galega de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros de Santiago e á Federación de Libreiros de Galicia. Esta liña está dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial. Neste caso, os apoios poden chegar aos 49.000 euros. Na comarca de Santiago as 8 axudas aprobadas suman un total de 220.000 euros. No ámbito provincial a Xunta concede en total a centros comerciais abertos, prazas de abastos e federacións de comercio 26 achegas cun investimento total que supera os 672.000 euros. Estas achegas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao comercio de Galicia, que ten como entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición. O Teu Xacobeo A entidade Compostela Monumental tamén recibiu outra achega da Consellería de Cultura e Turismo, dentro do programa de “O Teu Xacobeo”, de case 17.000 euros para levar a cabo unha Guía Turística comercial do casco histórico e para adquisición de bolsas para a promoción de Xacobeo 2020. “O Teu Xacobeo” na comarca de Santiago permitirá impulsar 74 iniciativas de dinamización en 12 concellos desta área. Ovidio Rodeiro informou que estas actividades contan cun investimento de máis de 1 millón de euros por parte da Xunta Na comarca de Santiago apoiaranse a 4 centros comerciais abertos, concretamente, dous da cidade de Santiago, un en Arzúa e outro en Melide cunhas axudas que superan os 135.000 euros. Estas achegas destínanse a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. Máis información

  • Páxina 1 de 1

  • Mostrando do 1 ao 1 dun total de 1 rexistros