Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 17 Outubro, 2019
    A Xunta colabora con dez asociacións da provincia de Ourense para continuar traballando na dinamización e revitalización do comercio de proximidade
    A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, informou que ao abeiro dos programas de apoios ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCAs) e prazas de abastos, e do destinado ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, este ano resultaron beneficiados na provincia ourensá oito CCAs, unha asociación de praceiros e unha federación cunha achega de preto de 312.000 euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente ambas as dúas resolucións da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Díaz Mouteira explicou que o obxectivo é reforzar o papel destas asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Así indicou que estas axudas permitirán realizar diferentes campañas de dinamización comercial, incorporar sistemas de fidelización, realizar melloras na sinalización comercial externa, así como financiar a unidade xerencial que inclúe os gastos de persoal e de oficina. Como novidade, entre as actuacións apoiadas inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados. Súmase a este programa por primeira vez a Asociación de Comerciantes de Celanova que, xunto cos centros comerciais abertos de Verín, Ribadavia, Carballiño, O Barco de Valdeorras e de tres existentes na capital (Ourense Centro, Ourense Norte e Couto Centro), reciben un total de 275.069 euros. Esta liña tamén se dirixe a asociacións de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. As axudas poden chegar a un máximo de 9.800 euros. Precisamente esta é a cantidade obtida pola Asociación de comerciantes e industriais da Praza de Abastos nº1 da cidade das Burgas. Canto á liña dirixida a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións para o impulso do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, na provincia de Ourense foi beneficiaria a Federación de Comercio de Ourense que recibiu unha axuda de máis de 27.000 euros. A delegada territorial deu conta destas axudas, coas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a competitividade do sector comercial, durante a visita que realizou esta mañá ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro que obtivo a máxima achega posible, cifrada en 40.000 euros. Asociacionismo comercial Marisol Díaz mantivo unha xuntanza con membros da súa directiva e puxo de relevo o traballo que desenvolve esta asociación comercial desde a súa constitución, a prol da dinamización dos comercios do centro da cidade coa posta en marcha de distintas iniciativas. Os responsables deste colectivo, que conta con 161 establecementos asociados dos que 120 son comercios, traballan pola revitalización integral do comercio do centro de Ourense e a transformación dun espazo comercial moderno, atractivo e competitivo. A representante do Goberno galego coñeceu as accións postas en marcha dentro do Plan estratéxico de actuación 2018-2019 deste CCA que incluíu campañas de dinamización como as que se desenvolven coincidindo co Nadal e o día de San Valentín, a Shopping Night, Black Friday e Compra sen medo. Así mesmo, esta asociación de comerciantes tamén ofertou sistemas de fidelización como o ticket gratuíto de aparcamento para facilitar as compras nos establecementos asociados e a tarxeta Socio Vip destinados aos xerentes e empregados dos comercios pertencentes ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro co fin de fomentar o consumo interno entre os comercios asociados. Máis información
  • 17 Outubro, 2019
    A Xunta convida aos comerciantes da comarca do Barbanza a sumarse á nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe en Ribeira da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa á que convidou ao unirse aos comerciantes da comarca do Barbanza e que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade dos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural. Máis información
  • 15 Outubro, 2019
    A Xunta convida aos comerciantes composteláns a aproveitar as vantaxes da nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe aos comerciantes composteláns, nun acto celebrado na Praza de Abastos, da convocatoria para poñer en marcha a nova Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade de Santiago de Compostela e dos outros 137 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Tal e como sinalou Vázquez Abeal no encontro, organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. O primeiro prazo para facelo permanecerá aberto ata o vindeiro 8 de novembro. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local. A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe. A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Esta nova iniciativa coincide coa directrices que se tratan de desenvolver a través do Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores. Ademais, recolle un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, que pasa por facer deste evento a panca de cambio da Galicia da próxima década, impulsando non só a vertente reflexiva e cultural desta celebración, senón permitindo, ademais, o desenvolvemento económico e a dinamización dos concellos polos que discorren os diferentes Camiños, maioritariamente no rural. Máis información
  • 12 Outubro, 2019
    A Xunta destaca na Coruña a necesidade de sensibilizar aos máis novos sobre a importancia do comercio de proximidade
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou hoxe na Coruña a necesidade de sensibilizar aos máis novos para que coñezan a importancia do comercio de proximidade e os seus valores, ao tempo que agradeceu o importante labor que desenvolven neste ámbito as asociacións de comerciantes. A directora xeral participou na entrega de premios do certame de vídeo Os pequenos co pequeno comercio, organizado pola Federación de Comercio da provincia da Coruña e que conta coa colaboración da Xunta. Nesta iniciativa participaron nenos e nenas de entre 12 e 13 anos de toda a provincia, e outorgáronse aos mellores traballos un total de 20 premios de entre 100 e 300 euros en tarxetas agasallo para ser utilizadas nos comercios de proximidade. O respaldo ao asociacionismo comercial, no que se enmarca o apoio a esta actuación, é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Máis información
  • 11 Outubro, 2019
    Hoxe publícase no DOGA a orde pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020
    ORDE do 4 de outubro de 2019 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2020. Máis información
  • 10 Outubro, 2019
    A Xunta e a Federación Galega de Comercio informan en Noia sobre a nova plataforma para empregar o tícket dixital
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta tarde en Noia nunha xornada na que se informou aos comerciantes da nova plataforma de tícket díxital que a Xunta desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Tal e como se salientou na reunión, que se celebrou en colaboración co centro comercial aberto Noia Histórica, o tícket electrónico permite achegar unha maior comodidade e garantía aos clientes, evitando a perda ou deterioro do tícket en papel, ao tempo que minimizan o uso do papel e os contaminantes vinculados aos procesos de impresión. Esta medida enmárcase no programa Comercio 360, unha iniciativa coa que se busca mellorar a competitividade do comercio de proximidade poñendo ao consumidor no centro de todas as decisións. Con 5,7 millóns de euros para este ano, búscase poñer en valor a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social e o deseño. Máis información
  • 08 Outubro, 2019
    Hoxe publícase no DOG a Orde pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño
    Máis información
  • 03 Outubro, 2019
    O comercio coruñés de proximidade súmase ata o 20 de outubro á nova edición dos Días Azuis para poñer en valor o sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Coruña na presentación da edición de outono dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebra en toda Galicia ata o 20 de outubro. Con esta iniciativa búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e o presidente da Federación de Comercio da Coruña, Miguel Agromayor; ademais do director territorial de Abanca, José Manuel Vilariño Orgeira; a que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro. Na Coruña, o obxectivo é superar os 27.000 tíckets de compra rexistrados na provincia na edición celebrada o pasado mes de maio. Máis información
  • 01 Outubro, 2019
    O comercio lucense de proximidade celebra ata o 20 de outubro unha nova edición dos Días Azuis para impulsar as vendas
    O comercio lucense de proximidade celebrará dende hoxe e ata o día 20 unha nova edición da campaña Días Azuis, que pretende impulsar as vendas e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación desta iniciativa, que promoven a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio, en colaboración con Abanca. No acto participaron tamén o presidente da citada Federación, José María Seijas, e Javier Soto en representación da entidade financeira. Balseiro subliñou os bos resultados que está a dar esta campaña, que alcanza xa a cuarta edición. Na anterior, que se desenvolveu no mes de maio, rexistráronse 29.000 tíckets de compra na provincia de Lugo. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro Máis información
  • 27 Setembro, 2019
    Unha nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego impulsarán do 1 ao 20 de outubro as vendas do sector e a súa posta en valor
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación da edición de outono dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebrará do 1 ao 20 de outubro. Con esta iniciativa búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector. Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; a que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego contará coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro. Máis información
  • 24 Setembro, 2019
    Hoxe publícase en DOGA a ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios do comercio galego
    Hoxe publícase en DOGA a ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios do comercio galego. Máis información
  • 19 Setembro, 2019
    Rueda salienta que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasa
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago. Esta iniciativa de apoio ao pequeno comercio, que entronca co obxectivo estratéxico do Goberno galego, como é o Ano Santo, foi abordada esta mañá polo Consello da Xunta. Na rolda de prensa posterior, Rueda destacou que a Rede busca a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados na ruta; mellorar os servizos que reciban os peregrinos; e fidelizar aos clientes, fomentando a relación online cando volvan aos seus lugares de orixe. O vicepresidente da Xunta recordou que Galicia conta cun Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 e coa iniciativa Comercio 360. Así mesmo, detallou que existe unha Estratexia cara ao Xacobeo 2021. Á Rede, dixo, poderanse sumar os establecementos comerciais e os vendedores de prazas de abastos, e tamén as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. Máis polo miúdo, Rueda explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a orde que regula a Rede e que incluirá tamén axudas que poderán chegar ata 2.800 euros por beneficiario. Máis información
  • 10 Setembro, 2019
    A Xunta destaca a Feira do Moble de Galicia como un referente no impulso ao sector
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta mañá na Estrada na presentación da 33ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebrará do 18 ao 22 de setembro no recinto feiral do concello pontevedrés. No acto, a directora xeral destacou o papel desta iniciativa, que conta co apoio da Xunta, como un referente nos encontros feirais que se celebran en Galicia, destacando que contribúe a impulsar e dinamizar o sector comercial e da industria forestal na Comunidade. A Feira do Moble de Galicia, que na anterior edición contou con 12.000 visitantes, conta con máis de 60 expositores cunha ampla variedade de estilos, centrados tanto no mobiliario como na decoración, o interiorismo, a iluminación e os agasallos e complementos. Ademais, o encontro, que abrirá en horario de 11 a 20 horas, ofrece diferentes actividades e exposicións paralelas, como a do Camiño de Santiago debuxado, unha mostra de bonsais, outra de reciclaxe e unha de vehículos de ocasión. Ademais, os visitantes poden participar en Máis información
  • 09 Agosto, 2019
    A Xunta destaca en Ribeira o impulso ao comercio de proximidade con axudas á ecoinnovación para favorecer a economía circular
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe en Ribeira na XIV Viamare Stock 2019, Feira de Oportunidades, onde lembrou o impulso que está a dar a Xunta ao comercio de proximidade a través de diferentes medidas como son as axudas que por máis de 800.000 euros impulsarán a ecoinnovación. Vázquez, precisamente, informou sobre que hoxe remata o prazo de solicitude para acceder a estes apoios, un programa que permite aos comerciantes adherirse á plataforma de tícket dixital impulsada xunto coa Federación Galega de Comercio. Deste xeito, poderán achegar unha maior comodidade e garantía aos clientes, ao tempo que minimizan o uso do papel e os contaminantes vinculados aos procesos de impresión. Con esta iniciativa promóvese tamén a utilización de ecoenvases, a través de materiais biodegradables e a eliminación progresiva dos plásticos. Tamén se concederán apoios para a implantación e posta en marcha de proxectos que favorezan a economía circular, a través de actuacións como a reciclaxe. Do que se trata é de contar cun comercio máis moderno e competitivo e contribuír ao coidado do planeta, segundo subliñou a directora xeral. Estas axudas diríxense tanto a comerciantes e obradoiros artesanais como a centros comerciais abertos e asociacións de praceiros co obxectivo de impulsar a dixitalización e a innovación, dos aspectos que axudan á modernización do comercio de proximidade, gañando en competitividade e rendibilidade. Esta actuación enmárcase na iniciativa Comercio 360 coa que a Xunta está apostando pola dixitalización comercial, a economía circular e o produto local. O obxectivo principal desta acción é darlle un pulo ao sector mellorando tanto a súa competitividade como a súa modernización. As novas medidas, que xa están en marcha, pretenden dar resposta ás demandas dos clientes, anticipándose ás súas necesidades, e adecuarse aos novos hábitos que se teñen detectado no eido comercial. Comercio 360 desenvolverase ata 2021 destinándose neste primeiro exercicio en Galicia 5,7 M€ para poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais, que se suman ás de modernización e dixitalización do comercio de proximidade que convocou este ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria. A directora xeral mostrou, deste xeito, o apoio que a Xunta está a dar ao comercio de proximidade, salientando o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial e coa modernización e impulso á competitividade do comercio galego. Máis información
  • 02 Agosto, 2019
    A Xunta destaca o apoio ao comercio de proximidade e aos centros comerciais abertos na feira de oportunidades SaldoMarín
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na inauguración da XIII edición da Feira de Oportunidades SaldoMarín que se celebra na vila pontevedresa ata o próximo domingo 4 de agosto. A directora xeral mostrou o apoio que a Xunta está a dar aos Centros Comerciais Abertos de Galicia para seguir impulsando o comercio de proximidade. Neste caso, o CCA Estrela Marín organiza un dos eventos con máis tradición no concello marinense co obxectivo de axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos baixos. Vázquez, así mesmo, salientou o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial e coa modernización e impulso á competitividade do comercio de proximidade galego. Máis información
  • 31 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta ‘Comercio con talento’ premia as tendas coruñesas Varaston, Crafty Lu, Ai! Carmiña e a queixería da praza de Vigo
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos coruñeses Varaston, Crafty Lu, Ai! Carmiña e a queixería da praza de Vigo catro dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso da tenda Varaston, premiada a proposta de Cristina Fernández Trillo, alumna do IES Ramón Menéndez Pidal ao igual que os outros estudantes que resultaron gañadores na Coruña, defínese como a primeira utilería de Galicia. Neste comercio próximo ao mercado de San Agustín poden adquirirse utensilios de cociña, ferramentas ou xabóns, destacando a aposta pola tecnoloxía na xestión do negocio, o coidado empaquetado ou o trato ao cliente. Crafty Lu, elixida grazas ao traballo de Laura Fraguío, é unha mercería situada na avenida de Hércules que, ademais de ofrecer material para costura e manualidades, organiza diferentes cursos e actividades para os seus clientes. Ai! Carmiña, situado en Orillamar, e proposta por Judit Campoy, é un taller de flores especializado na decoración de vodas que aposta pola creatividade e a natureza. Contan con tenda en liña, reparto a domicilio en bicicleta e organizan diferentes obradoiros. Tamén conta con reparto a domicilio en bicicleta a queixería da praza de Vigo, proposto por Borja López. Este comercio especializado destaca pola calidade e a variedade, e o coidado ao produto, queixos artesanais tanto nacionais como internacionais. Máis información
  • 29 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta ’Comercio con talento’ premia o establecemento lucense Zoco Deco
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, entregou hoxe ao establecemento lucense Zoco Deco un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso do establecemento de artesanía e decoración Zoco Deco, as alumnas do CIFP As Mercedes María Armiño e Paula Vergara destacan, entre outros aspectos, a coidada selección e presentación dos produtos, e a aposta pola dixitalización e a venda a través de internet. Máis información
  • 23 Xullo, 2019
    A Xunta premia o establecemento de Ordes ‘Pepa a Loba’ no certame ‘Comercio con talento’
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe ao establecemento ordense Pepa a Loba un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook da Rede de dinamización comercial (Redic), polo que un dos 10 premios decídese polo número de “gústame” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. Precisamente o establecemento de artesanía e deseño Pepa a Loba, elixido a proposta de Ana Varela Grovas, do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, foi o comercio máis votado nas redes sociais. No seu traballo, a alumna destaca que é “unha aposta forte polo coidado esmerado do detalle, a procura da calidade nos seus produtos e a volta ao de antes, ao tradicional cun aire renovador e creativo”. Máis información
  • 22 Xullo, 2019
    Os establecementos vigueses Mkkdes e Coclub reciben os premios da iniciativa Comercio con Talento
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos vigueses Mkkdes e Co club dous dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso de Mkkdes, elixida a proposta de Xiana Giráldez, do Colexio Mendiño, foi creada en 2011 como unha tenda en liña, ata que en 2013 decidiron establecer o seu primeiro comercio en Vigo. A alumna destaca a atención ao cliente, a presenza nas redes sociais ou os servizos de personalización da roupa. Co club, proposto por Iris Martínez, tamén do Colexio Mendiño, xestiona o intercambio de roupa usada, tanto na súa tenda física como a través de internet e das redes sociais, promovendo así a reutilización e o consumo responsable. Máis información
  • 19 Xullo, 2019
    A iniciativa da Xunta Comercio con Talento premia os establecementos composteláns Maravalla e O colmado da vila
    A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos composteláns Maravalla e O colmado da vila dous dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías. Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido. Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB. No caso de Maravalla, tenda de produtos cosméticos naturais situada no centro histórico, en concreto na rúa das Orfas, foi premiado a proposta de Andrea Riveiro, alumna do ciclo medio de Actividades comerciais no IES Pontepedriña. No seu traballo, destaca deste establecemento o deseño do local, o packaging do produto e o servizo e atención ao cliente, incluíndo a presenza nas redes sociais, ademais do compromiso ambiental e coa contorna. O colmado da vila, situado na rúa Alfredo Brañas, foi galardoado grazas ao traballo presentado por Uxía Jorge Pombo, tamén alumna do ciclo medio de Actividades comerciais no IES Pontepedriña. A estudante premiada resalta que se trata dun negocio de venda a granel, responsable e sostible especializado en repostería, pero que dispón dunha ampla variedade de produtos de alimentación e utensilios de cociña. Máis información

  • Páxina 1 de 83

  • Mostrando do 1 ao 20 dun total de 1654 rexistros