Xunta de Galicia
Vostede está aquí:

Actualidade Comercial

  • 19 Setembro, 2015
    A Xunta destaca a Feira do Moble de Galicia como a cita de referencia anual para o sector

    A Estrada (Pontevedra), 19 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, destacou hoxe na inauguración da XIX edición da Feira Internacional do Moble de Galicia, que se celebra na Estrada ata o vindeiro 27 de setembro, que este encontro é un referente anual para o sector. Destacou así mesmo o impulso que supón tanto para comerciantes como para produtores, contribuíndo á dinamización económica da comarca.

    O encontro, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, reúne preto de 70 firmas directas e preto doutras 250 indirectas en máis de 26.000 m2 de espazo expositivo. Na Feira do Moble de Galicia, en cuxa inauguración participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, van da man innovación, deseño e calidade, achegando as últimas tendencias en mobles, iluminación, decoración, artesanía, ou menaxe, entre os diferentes subsectores que este ano están representados. Nesta edición, a Feira conta co distintivo de Internacional, outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

    No marco deste encontro, responsables do Igape participarán o martes 22 de setembro a partir das 11 horas nunha xornada técnica centrada en instrumentos de financiamento para as pemes galegas. Ademais, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria contará cun espazo propio durante toda a Feira, no que se achegará información sobre os distintos servizos e axudas dispoñibles.

    A entrada á Feira do Moble de Galicia é gratuíta, e o recinto feiral permanecerá aberto cada día entre as 11 e as 21 horas, contando con programación paralela como actividades lúdicas, ou actuacións artísticas, entre outros. Ademais, sortearanse bonos de compra e agasallos entre os asistentes.

    Máis información
  • 19 Setembro, 2015
    Rogelio Martínez asiste en Ourense á II edición da Pasarela de moda "Calpurnia-As Burgas"

    Ourense, 19 de setembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presenciou os actos programados na segunda edición da Pasarela Calpurnia-As Burgas 2015 que se celebrou esta tarde noite no entorno monumental das Burgas da cidade ourensá. A Dirección Xeral de Comercio colabora neste evento, organizado pola Federación de Comercio, que pretende proxectar a cidade como capital da moda e as compras

    Máis información
  • 18 Setembro, 2015
    Economía e Industria apoia con máis de 73.000 euros a modernización da praza de abastos de Ribadavia

    Ribadavia (Ourense), 18 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron esta mañá a praza de abastos de Ribadavia, unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada por parte do Concello, ao que a Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha axuda de máis de 73.000 euros.

    As actuacións previstas céntranse na instalación de portas corredoiras automáticas; a posta en marcha dun sistema de son e pantallas; a creación dun aparcadoiro de bicicletas; a eliminación de barreiras arquitectónicas ou a mellora da eficiencia enerxética coa substitución de luminarias, entre outras. Estas melloras súmanse ás realizadas o ano pasado, cunha axuda da Xunta que superou os 75.000 euros, e que permitiron a renovación da cuberta do mercado, a limpeza da fachada e a mellora do pavimento ou a colocación de consignas.

    A Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por preto de 700.000 euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en colaboración con 18 concellos da provincia de Ourense, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información
  • 18 Setembro, 2015
    “As compras na túa vila teñen premio” dinamiza as vendas do comercio lugués premiando a confianza dos seus clientes

    Lugo, 18 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou esta tarde en Lugo no acto final da iniciativa de dinamización comercial As compras na túa vila teñen premio, unha campaña posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa Consellería de Economía e Industria que ten por obxectivo poñer en valor o comercio de proximidade e impulsar as vendas premiando a confianza dos clientes.

    Así, na tarde de hoxe sorteáronse premios por un total de 4.000 euros, repartidos en cinco tarxetas agasallo de 300 euros e 25 de 100 euros para mercar no comercio local, dentro do programa dunha festa de peche que contou con diferentes actividades lúdicas.

    A campaña As compras na túa vila teñen premio, que en Lugo botou a andar o pasado 7 de setembro, chega este ano á súa oitava edición, desenvolvéndose en 4 cidades galegas. A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para a posta en marcha de iniciativas conxuntas para impulsar a competitividade do sector.

    Este acordo dotado con 600.000 euros, un 20% máis que o ano pasado, permite entre outras actuacións o mantemento dun servizo de asesoramento ao sector comercial e de fomento do emprendemento, e contémplanse tamén diferentes actuacións para a implantación das novas tecnoloxías relacionadas coa fidelización de clientes e a potenciación do comercio electrónico, así como a realización de encontros e xornadas.

    Máis información
  • 17 Setembro, 2015
    Artesanía de Galicia amosa a unión de innovación e tradición do sector artesán galego na Exposición Universal de Milán

    Santiago, 17 de setembro de 2015.- A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a achegar na Semana de Galicia na Exposición Universal de Milán a unión de innovación e tradición do sector artesán galego, a través dunha escolma de pezas nas que se amosan oficios como o téxtil, a xoiaría, a cestería, a cerámica ou a elaboración de zocos.

    En concreto, na mostra que se pode ver en Milán, o sector téxtil está representado polos traballos dos obradoiros Castelo de Sobroso (Ponteareas); Bulideira (Santiago), e Concha Canoura, de Culleredo. No que respecta á xoiaría, exhíbense pezas de Mayer (Santiago), mentres que no tocante á cestería, está representada por Antonio Suárez (Vigo), e Idoia Cuesta (Outeiro de Rei).

    A cerámica chega da man de Carmen Labrador (Alfarería Lista, Buño), Elías González (Gundivós, Sober), Regal (Viveiro), Víctor Ares (A Coruña), Manuel Figueiras (Muros), e Cerámica Unzueta (Cangas). Tamén se poden ver pezas en madeira de Taxus (Vilarmaior), Atalanta (A Estrada), e Armaior (Quiroga); así como zocos de Elena Ferro (Vila de Cruces) e instrumentos musicais de Sanín (A Estrada).

    Ademais, Turismo de Galicia dedica un espazo a tres colectivos que veñen desempeñando traballos artesanais ao longo do tempo: redeiras, nodeiras e colareiras, coa presenza de artesás que contan coa marca Artesanía de Galicia: Rosa Isabel Rodríguez Vidal, de Illa da Estrela de Corme; Marina Álvarez Rodríguez, da asociación Atalaia de A Guarda, e Montse Betanzos, colareira do Grove.

    Por outra banda, no marco do proxecto Artesanía no Prato, que busca sinerxías entre a cociña de vangarda e o sector artesán galego, nos showcookings e catas que acolle estes días o espazo de Galicia na Expo de Milán empregan pezas de Artesanía de Galicia.
    A participación de Artesanía de Galicia na Expo de Milán enmárcase no Plan de Artesanía de Galicia, unha folla de ruta impulsada pola Consellería de Economía coa que se busca acadar un sector artesán sólido e sustentable no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego. A comercialización e promoción do produto artesán galego a través da marca Artesanía de Galicia nos diferentes mercados, constitúe unha das liñas estratéxicas que se enmarcan dentro deste plan impulsado pola Xunta.


    A Expo Universal de Milán, que abriu as súas portas o pasado mes de maio baixo o lema “Alimentar o planeta, Enerxía para a vida” está a reunir a preto de 150 países e organismos internacionais e atraer a máis de 20 millóns de visitantes que buscan participar nunha experiencia única de ocio educativo.

    Máis información
  • 17 Setembro, 2015
    A Xunta de Galicia destina preto de 35.000 euros á realización de melloras nos campos da feira dos concellos de Cabanas e Neda

    Cabanas, 17 de setembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá o campo da feira de Cabanas, onde nas vindeiras semanas se levarán a cabo traballos para reparar as deficiencias e mellorar a súa imaxe, co fin de seguir potenciando este espazo como unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local. A actuación estará cofinanciada polo Goberno galego, a través dunha subvención da Consellería de Economía e Industria de 28.000 euros, que supón o 70% do investimento total.

    Do Campo analizou co alcalde do municipio, Germán Castrillón, o proxecto, que consistirá na rehabilitación das zonas onde se instalan os postos ambulantes en días de feira, na mellora da iluminación e do mobiliario urbano desta área e na delimitación adecuada da zona de aparcamento. Para iso, repararase o pavimento, colocaranse novos bancos, papeleiras, mesas de merendeiros e macetas, instalarase unha pérgola e habilitarase unha pasarela para evitar as fochancas que se forman nas épocas de choivas no acceso subterráneo ao recinto. A intervención completarase coa colocación dun punto informativo, a ocultación dos contedores de residuos nunha illa de madeira e a substitución das luminarias. Todos os traballos deberán estar rematados no mes de outubro.

    A representante do Executivo autonómico na provincia recordou que esta achega enmárcase na estratexia de impulso ao sector comercial da consellería, que busca modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con tres retos como eixo: afianzar un sector comercial renovado, impulsar o smart commerce e o comercio electrónico e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Neste senso, a delegada recordou que na comarca de Ferrol, tamén co concello de Neda recibirá unha achega de máis de 6.000 euros para paliar as deficiencias detectadas no seu campo da feira, co fin de incrementar o atractivo deste recinto e atraer novos clientes.

    En total, Economía e Industria vén de conceder apoios por importe de 860.000 euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en colaboración con 24 concellos da provincia da Coruña, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Máis información
  • 17 Setembro, 2015
    O Encontro de Torneiros converte Xermade ata o domingo nun espazo de formación e exhibición de referencia do sector artesán

    Xermade (Lugo), 17 de setembro de 2015.- A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participou esta tarde na inauguración do Encontro de Torneiros de Xermade, que converte ata o domingo esta localidade lucense nun espazo de formación e exhibición de referencia do sector artesán galego.

    A iniciativa, organizada polo Concello de Xermade e que coa colaboración da Consellería de Economía e Industria permite poñer en valor o oficio do torneado en madeira, permite poñer en valor o oficio do torneado de madeira.

    Esta edición acollerá cursos especializados a cargo de profesionais de prestixio internacional, como o francés Christian Delhon ou o portugués Idalio Dias da Costa, así como os galegos Manuel Castro, José García Otero e Julio Guntín.

    O programa de actividades do encontro, que se celebra no polideportivo municipal e na biblioteca pública, complétase con distintas conferencias, demostracións e a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos.

    Ademais, durante os catro días, os visitantes poderán ver unha mostra de pezas torneadas achegadas polos participantes. Tamén haberá exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións. Están programadas así mesmo diferentes demostracións por parte dos participantes e os docentes.

    Máis información
  • 16 Setembro, 2015
    Galicia Calidade promociona en Madrid a excelencia dos produtos galegos da man do chef Pepe Solla

    Santiago, 16 de setembro do 2015.- A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, promocionará mañá en Madrid os produtos certificados da man do chef Pepe Solla. O evento, que se celebrará mañá ao serán no Restaurante Volvoreta, do grupo Eurostars, contará tamén coa colaboración da D.O. do Ribeiro e da sumiller Cristina Alcalá.

    Ofrecerase unha degustación con produtos integramente galegos nuns pratos innovadores pero sen perder a tradición e a esencia de Galicia deseñados polo prestixioso chef galego do Grupo Nove Pepe Solla xunto cos chefs do restaurante Volvoreta. Con esta acción, Galicia Calidade pretende achegar a calidade dos produtos galegos a xornalistas, bloggers, e outros prescritores.

    Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 50 empresas e 250 produtos amparados onde o sector alimentario representa case un 90%. Na acción que se desenvolverá mañá en Madrid participarán empresas como Coren, Merluza do Pincho de Puerto Celeiro, Patatas Conde, ou Mariscos Linamar, entre outras.

    Máis información
  • 16 Setembro, 2015
    Economía e Industria continúa a colaborar co Concello de Arbo na reforma da súa praza de abastos

    Arbo (Pontevedra), 16 de setembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitou esta mañá a praza de abastos de Arbo, en compaña do alcalde da localidade, Horacio Gil. Trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada e remodelada polo Concello a través dun investimento de 87.000 dos que a Consellería de Economía e Industria aporta, a través dunha subvención, 60.000 euros, é dicir o 70%.

    Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde, analizaron o estado da praza de abastos en compaña do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial Santomé.

    Entre as actuacións previstas atópase a limpeza da fachada do edificio con hidrolimpiadora para a súa revitalización. Tamén se levará a cabo su pintado e a instalación de novas letras de “Mercado Municipal”. A maiores, tamén se instalará un cartel co novo logo corporativo da praza.

    As obras permitirán tamén a demolición dos postos existentes e instalación duns novos de aceiro inoxidable con fregadeiros especiais para peixe, a retirada das barras de aceiro nestas zonas e o picado do piso da zona central. Instalarase un novo piso de formigón con tratamento antiesvarante, e no tellado aplicarase un tratamento illante así como un novo falso teito desmontable, cunha canaleta empotrada en chan de praza para a recollida de augas e a colocación de reixa galvanizada.

    Finalmente, instalarase unha rede de fontanería nova para novos postos centrais, nova iluminación de tipo led e de emerxencia, e instalacións de carteis de sinalización en linguaxe Braille e alfanuméricos.

    Cores Tourís recordou que a Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por preto de 1,5 millóns de euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en 29 concellos da provincia de Pontevedra, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información
  • 16 Setembro, 2015
    Francisco Conde destaca que a reforma do mercado de Celanova consolídao como clave para a dinamización económica local

    Celanova (Ourense), 16 de setembro de 2015.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá na súa visita ao mercado de Celanova, que a transformación integral que está vivindo este espazo, que a Consellería de Economía e Industria leva apoiado con máis de 240.000 euros desde 2013, está consolidando a praza de abastos como unha infraestrutura clave para o comercio local celanovés así como para a dinamización económica do municipio.

    Conde, que estivo acompañado polo alcalde da localidade, José Luis Ferro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, así como a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, destacou a importancia de “apostar polo comercio das nosas vilas, especialmente das máis próximas ao rural, onde as prazas de abastos poden ser un elemento vertebrador da dinamización económica”.

    Así, o mercado celanovés xoga un importante papel como lugar idóneo para novas iniciativas emprendedoras, así como para a venda de produtos autóctonos de calidade, e a busca de sinerxías coa gastronomía e o turismo, en liña co recollido no novo Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio, ao cal a Xunta destina 70 millóns de euros ata 2020 para modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego.

    Tal e como subliñou o conselleiro de Economía e Industria, a modernización da praza de abastos, na cal nestes momentos se están realizando actuacións de reforma do soto do edificio, así como do interior dos postos da planta baixa, cun apoio da Consellería de preto de 38.000 euros, é un exemplo de cooperación institucional.

    Neste sentido, Conde resaltou a importancia de colaborar coas administracións locais, sinalando que este ano a Consellería apoia un total de 23 concellos ourensáns, impulsando investimentos que suman preto de 3 millóns de euros a través de diferentes programas de axudas que permiten traballar de forma conxunta para impulsar o tecido económico local.

    O conselleiro, que previamente mantivo un encontro co alcalde e varios empresarios da comarca para escoitar as súas propostas, no que se avaliaron proxectos de cara a futuro, que pasan “por seguir apostando polos investimentos, tanto desde o punto de vista empresarial como industrial”, sinalou que Celanova “ten tamén moitas oportunidades desde o punto de vista do turismo”.

    Francisco Conde apuntou que desde a Consellería, en colaboración cos concellos e as asociacións dos empresarios, “imos estar moi preto dos cidadáns, das empresas, e dos investidores que nos poidan permitir manter o obxectivo claro de dinamizar a economía e crear emprego”.

    Este traballo conxunto tanto co Concello como co tecido empresarial de Celanova xa ten permitido actuacións por 2,8 millóns de euros nos últimos anos, entre investimentos públicos e privados.
     

    Máis información
  • 16 Setembro, 2015
    A Consellería de Economía e Industria subliña na Estrada a importancia da Feira do Moble na dinamización económica do sector e da comarca

    A Estrada (Pontevedra), 16 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, subliñou esta mañá na presentación da XIX edición da Feira Internacional do Moble de Galicia, que se celebrará na Estrada do 19 ao 27 de setembro, a importancia deste encontro tanto na dinamización económica tanto do sector como de toda a comarca.

    O encontro, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, reunirá preto de 70 firmas directas e preto doutras 250 indirectas en máis de 26.000 m2 de espazo expositivo, consolidado, tal e como subliñou Vázquez Abeal, como un referente no calendario feiral galego.

    Na oferta expositiva van da man innovación, deseño e calidade, achegando as últimas tendencias en mobles, iluminación, decoración, artesanía, ou menaxe, entre os diferentes subsectores que este ano están representados no certame. Nesta edición, a Feira do Moble de Galicia conta co distintivo de Internacional, outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

    No marco deste encontro, responsables do Igape participarán o martes 22 de setembro a partir das 11 horas nunha xornada técnica centrada en instrumentos de financiamento para as pemes galegas. Ademais, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria contará cun espazo propio durante toda a Feira, no que se achegará información sobre os distintos servizos e axudas dispoñibles.

     

     

    Xunta de Galicia
    Turismo de Galicia

     

    Máis información
  • 15 Setembro, 2015
    Economía e Industria apoia con máis de 33.000 euros a realización de melloras na praza de abastos de Rianxo

    Rianxo (A Coruña), 15 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a praza de abastos de Rianxo, unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local no que se van realizar melloras por parte do Concello, ao que a Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha axuda de máis de 33.000 euros. As actuacións previstas céntranse na reparación das filtracións que se producen na actualidade no acceso ao mercado municipal pola praza pública.

    A Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por 860.000 euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en colaboración con 24 concellos da provincia da Coruña, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información
  • 14 Setembro, 2015
    Economía e Industria apoia con preto de 90.000 euros a modernización e remodelación da praza de abastos da Guarda

    A Guarda (Pontevedra), 14 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitaron esta mañá a praza de abastos da Guarda, unha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada e remodelada polo Concello, ao que a Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha axuda de preto de 90.000 euros.

    Entre as actuacións previstas atópanse traballos de mantemento e mellora das instalacións coa renovación do acabado do firme do andar da planta baixa, reparación dos encontros do lucernario coa cuberta actual e a mellora da sinalización e o alumeado, avanzando no aforro enerxético, entre outros.

    A Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por preto de 1,5 millóns de euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en 29 concellos da provincia de Pontevedra, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información
  • 11 Setembro, 2015
    Oito obradoiros artesáns participan nunha mostra de Artesanía de Galicia no Festival da luz

    Santiago, 11 de setembro de 2015.- O Festival da luz, que celebra a súa cuarta edición ata o domingo en Boimorto, acolle unha mostra de Artesanía de Galicia na que oito obradoiros artesáns de oficios como a xoiería, a marroquinería, a elaboración de zocos, o téxtil ou a tornaría de madeira venden e exhiben os seus produtos.

    A miniferia de Artesanía de Galicia, organizada pola Asociación Galega de Artesáns e que conta coa colaboración da Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, ten por obxectivo impulsar a comercialización do produto artesán feito na nosa comunidade e servir de vía de promoción do traballo dos creadores amparados na marca Artesanía de Galicia, e estará aberta en horario continuado de mañá e tarde.

    Os obradoiros que participan nesta feira son: Laia Zapateiros de Melide; Zimzelatum de Gondomar; En lá de Monforte de Lemos; Patapum de Quiroga; Coas Mans Artesanía de Silleda; Mario Coiro da Estrada; Plata Nativa de Sada; e Fiada de Carral.

    Neste evento tamén participarán outros obradoiros que contan coa marca Artesanía de Galicia como son Elena Ferro de Vila de Cruces; Arela de Fe de A Guarda e Idoia Cuesta de Outeiro de Rei.

    O Festival da luz é un festival multidisciplinar no que teñen cabida non só a música senón tamén actividades lúdicas dirixidas ao público de todas as idades. Complétase cun Mercado da luz, unha mostra das iniciativas que innovan e fomentan a calidade da vida no medio rural.

    Máis información
  • 09 Setembro, 2015
    A Xunta colabora na II Edición da Pasarela de moda “Calpurnia” que pretende converter á cidade das Burgas como capital da moda e das compras

    Ourense, 9 de setembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou hoxe na presentación da segunda edición da Pasarela Calpurnia-As Burgas 2015 que se celebrará na tarde noite do sábado 19 de setembro, na cidade ourensá no entorno monumental das Burgas.

    Martínez destacou a colaboración da Dirección Xeral de Comercio neste evento que pretende proxectar a cidade como capital da moda e as compras e que conta tamén co patrocinio da Deputación provincial, o Concello e a Federación de Comercio.

    Máis información
  • 07 Setembro, 2015
    Economía e Industria continúa a colaborar co Concello de Bueu na reforma da súa praza de abastos

    Bueu (Pontevedra), 7 de setembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitou esta mañá a praza de abastos de Bueu, en compaña do alcalde da localidade, Félix Juncal. Trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada e remodelada polo Concello a través dun investimento de 39.155 dos que a Consellería de Economía e Industria aporta, a través dunha subvención, 27.408 euros, é dicir o 70%.

    Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde, analizaron o estado da praza de abastos en compaña do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial Santomé, así como pola portavoz do PP da localidade, Berta Pérez.

    Entre as actuacións previstas atópase a adecuación física e a mellora do espazo destinado a mercado tradicional de venta de excedentes da horta. En concreto, crearase un espazo de información e publicidade co obxecto de que os clientes da praza poidan ter información sobre todas as actividades que se van a realizar e a instalación dun equipamento para a mellora do mercadiño de excedentes do campo que se realiza no entorno da praza de abastos.

    Para elo, instalarase un banco-posto de venda realizado en materiais resistentes para exteriores. Tamén se cubrirá esta bancada con pórticos de perfís laminados de aceiro e téxtil impermeable, de dimensións aproximadas de 30x5.

    O mercado de abastos mellorou no 2014 grazas a unha axuda anterior da Consellería de Economía e Industria, “e na actualidade, o obxectivo de novo proxecto é afianzar as actividades de dinamización comercial da praza e de mellora da imaxe comercial para converter este mercado nun punto de encontro cultural e social, en torno a unha compra cotiá e sostible de produtos de calidade ligados ao territorio”, explicou Félix Juncal.

    Cores Tourís recordou que a Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por preto de 1,5 millóns de euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en 29 concellos da provincia de Pontevedra, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información
  • 01 Setembro, 2015
    Artesáns galegos fórmanse en Santiago nas técnicas da plumería na alta costura da man do deseñador Serkan Cura

    Santiago, 1 de setembro de 2015.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou esta mañá o curso de “Perfeccionamento de técnicas de plumería para moda” dirixido polo prestixioso deseñador belga de orixe turca Serkan Cura e impulsado pola Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, no marco da súa programación de formación especializada para profesionais do sector.

    Un total de 15 artesáns están a participar nesta acción formativa, que se celebra na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela ata o vindeiro sábado, 5 de setembro e coa que se lle dá continuidade ao curso de iniciación á plumería impartido o ano pasado tamén por Serkan Cura. Especializado nas técnicas de plumería que aplica ás súas pezas creativas, Cura graduouse en deseño de moda pola Royal Academy de Amberes no ano 2007. Rematados os seus estudos, uniuse á firma Jean Paul Gaultier de París, onde traballou durante catro anos no taller creativo. Desde 2012, Serkan Cura conta coa súa propia casa de moda en París.

    A organización destas actividades de impulso á formación e á colaboración entre artesanía e outras áreas de traballo forma parte da estratexia da Consellería de Economía e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia.

    Máis información
  • 28 Agosto, 2015
    Economía e Industria colabora co Concello de Sanxenxo na reforma dos aseos da súa praza de abastos

    Sanxenxo (Pontevedra), 28 de agosto de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, visitou esta mañá a praza de abastos de Sanxenxo, en compaña do alcalde da localidade, Gonzalo Pita. Trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vai ser modernizada e remodelada polo Concello a través dun investimento de 22.855 dos que a Consellería de Economía e Industria aporta, a través dunha subvención, 15.199 euros.

    Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde, analizaron o estado da praza de abastos en compaña do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial Santomé.

    Entre as actuacións previstas atópase a demolición dos aseos existentes e o desmontaxe das instalacións, así como a realización de novas divisións en fábrica de ladrillo e revestimento de paramentos a base de vinilo. Tamén se instalou novo falso teito de escaiola, portas de madeira lacada, instalación de fontanería, electricidade e aparatos sanitarios e luminarias.

    Cores Tourís destacou a importancia das prazas de abastos como motor da economía local, e deste xeito recordar que nos dous últimos anos investíronse tamén 41.000 euros no mercado de Portonovo, onde se reformou a fachada e se construíu un almacén, “o que ven a supor, xunto a obra que hoxe visitamos, un investimento por parte da Xunta de Galicia de case 64.000 euros para a mellora das prazas de esta localidade”.

    A Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por preto de 1,5 millóns de euros para a realización de melloras nas prazas de abastos e mercados tradicionais en 29 concellos da provincia de Pontevedra, mediante un programa específico cofinanciado con fondos Feder.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Estes apoios enmárcanse no novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, unha folla de ruta que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información
  • 30 Xullo, 2015
    Economía e Industria aposta pola colaboración da artesanía con outras disciplinas no proxecto música no claustro

    Tui (Pontevedra), 30 de xullo de 2015.- A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, aposta pola colaboración da artesanía con outras disciplinas na XI edición de Música no Claustro, que se celebrará do 7 ao 9 de agosto na Catedral de Tui. Baixo o leitmotiv #contrastes, a Catedral acollerá un Festival que aposta pola visibilización da diversidade. No acto de presentación, no que participou a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, déronse a coñecer as actividades que conforma o programa multidisciplinar deste encontro musical, dirixido a todos os públicos.

    Este ano contarase coa presenza dos artesáns Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014, e Xaneco, nun programa multidisciplinar dirixido a todos os públicos. A artesá vasca dirixirá un taller que ten como obxectivo construír unha escultura inspirada na técnica de niño realizada con vimbio, presente na vida da Catedral e na súa personalidade dende hai 700 anos. Na creación da escultura colaborarán os dez participantes do taller e permanecerá na Catedral exposta aos visitantes.

    Por outra banda, desenvolverase un obradoiro de instrumentos tradicionais para adultos da man de Xaneco. A finalidade é dar a coñecer o proceso artesanal de construción dos instrumentos de percusión galegos, coa atención posta no pandeiro, aínda que tamén se traballarán ferramentas, madeiras e peles. Cada participante elaborará, xunto con Xaneco, o seu propio instrumento que, unha vez tensado e afinado, o poderá levar para a súa casa. O obradoiro complétase cun encontro en exclusiva con Xabier Díaz antes do seu concerto.

    Os máis cativos poderán participar nun obradoiro de xoguetes sonoros tradicionais, dirixido tamén por Xaneco. Este obradoiro estará destinado a sensibilizar e mostrar o rico patrimonio inmaterial lúdico galego, para o que se transformarán elementos da natureza en tres xoguetes sonoros: asubío de avelá, carrizo de noz e ruxerruxe.

    Este proxecto enmárcase na estratexia da Fundación de impulso ao sector artesán, que se centra na aposta pola innovación e o deseño, promovendo a colaboración con outras disciplinas, así como a formación.

    Máis información
  • 28 Xullo, 2015
    A Xunta apoia investimentos por máis de 7 millóns para impulsar a competitividade do tecido comercial en 107 concellos galegos

    Santiago, 28 de xullo de 2015.- A Consellería de Economía e Industria, que ten no impulso ao sector comercial un dos seus principais eixos de actuación, vén de conceder apoios por máis de 5 millóns de euros que posibilitarán realizar investimentos que superan os 7 millóns nun total de 107 municipios galegos co obxectivo de impulsar a competitividade do tecido comercial local.

    Por unha banda, 84 concellos recibirán axudas por 3,3 millóns coas que realizarán melloras nas infraestruturas comerciais que suporán un investimento conxunto de 4,8 millóns, dos cales preto do 70% se destinarán ás prazas de abastos e a súa contorna, mentres que o 30% do investimento restante corresponderá aos espazos nos que se celebran os mercados tradicionais e ambulantes.

    Os concellos que realicen melloras nas prazas deberán poñer en marcha iniciativas dirixidas ao mentoring comercial para os praceiros, encamiñadas a aumentar a rendibilidade do punto de venda mediante técnicas de visual merchandising, a colocación do produto ou a atención ao cliente. Como novidade este ano, primáronse as iniciativas que inclúen a apertura dos mercados en horario de tarde ou a incorporación de aparcadoiros.

    Por outro lado, no eido do impulso ao asociacionismo comercial, véñense de resolver tamén apoios a 48 centros comerciais abertos e 23 asociacións de praceiros por un total de 1,8 millóns de euros. Con estas axudas, coas que se respalda o importante labor que desenvolven ao longo do ano, poñerán en marcha preto de 500 actuacións como campañas de dinamización comercial, sistemas de fidelización ou melloras da sinalización comercial externa e mellora da competitividade; e nas prazas de abastos, actuacións en instalacións e equipamentos. En total, investirán 2,6 millóns de euros en iniciativas que teñen como obxectivo atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores.


    O impulso ao sector comercial é unha prioridade para a Xunta, que ten en marcha o novo Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Esta folla de ruta destinará 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

    Máis información

  • Páxina 15 de 84

  • Mostrando do 281 ao 300 dun total de 1672 rexistros